jueves, 22 de noviembre de 2018

O MISTERIO DAS MESAS CON PERNAS

    As nosas mesas teñen pernas. Cando chegamos pola mañá, as mesas sempre móvense para atrás. Polo tanto, todos os días témolas que botar para diante. Os meus compañeiros e eu temos moitas hipóteses: 
    1º E que coas gomas que teñen debaixo das pernas poden andar facilmente.
   2º Que fagan unha festa pola noite e os altofalantes como fan que trema o chan tanto, móvense as mesas.
   3º E a última é que a señora da limpeza as mova para atrás cando barre o chan da aula.
   Seguiremos informándovos durante o curso. Intentaremos resolver este problema sobre estas mesas rebeldes. 

 
                                                                                    Pablo Paz 

No hay comentarios:

Publicar un comentario