lunes, 17 de diciembre de 2018

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

                                                 
A violencia de xénero en términos xenerais é toda violencia, discriminación, e desigualdade contra as mulleres polo feito de selo, levado a cabo polas súas parellas, ex-parellas ou relacións similares de afectividade incluso sen convivencia.


Nenas, adolescentes, mulleres e anciáns sofren malos tratos tanto físico, sexuais como psicolóxicos (chantaxe emocional, ameazas, humillacións, descalificacións, acoso, control económico, de correo, de móvil, de entradas é saídas na casa ou de visitas a familiares e amigas/os...). Pódese dar en todo tipo de relación ao seu nivel económico, cultural, grupo étnico ou clase social.


Actualmente xa non é considerado como un problema privado, individual, ou de parella en conflixto. Percíbese como un grave problema político, social e cultural. Estase creando, máis lentamente do dexesado, unha conciencia da necesidade de denunciar, non só pola víctima se non tamén por calquera persoa que o presencie. O cal favorece a visualización do drama, o poder estudialo, evalualo, buscar solucións é prevenilo. Pero sobre todo, axuda a que as mulleres podan encontrar apoios e saídas ata un lugar seguro. Para que poidan refacerse como persoas e levar o mando das súas vidas.


                    
                                                                              Araceli González Sampedro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario