O primeiro día de clase fixemos estas caras que son as nosas pero con algúns detalles. Por exemplo o pelo, o nariz e o pescozo. Saímos moi fermosos e elegantes. A que máis me gusta é a miña, a 4º careta de abaixo dereita. Pero tamén me gusta a segunda empezando por enriba dereita, que é a do meu amigo Pablo. Esa foi a miña actividade preferida.
Esteban Vidal.
martes, 18 de diciembre de 2018
lunes, 17 de diciembre de 2018
CONTO DE NADAL
Había unha vez unha familia moi especial, cando chegaba algunha data sinalada, non tardaban en poñer a decoración. Un ano, a familia, estaba triste, porque morrera un membro moi importante nela. Así, que do tristes que estaban, olvidáranse de poñer a decoración de Nadal ata que os nenos se deron conta de que xa ían a dar vacacións de Nadal, porque estaban cos exames finais. Así que dixéronllo aos seus pais, cando llo dixeron, puxéronse a pensar na decoración que ían poñer, ese ano. Cando xa pensaron o que poñer, puxéronse a decorar a casa, todos os adornos que estaban gardados puxéronse felices de saír do faiado para adornar a casa. Bo! todos agás Dona Árbore, a ela gustáballe tanto saír que se enfadou por non o sacaren antes. A súa venganza, foi estar duro para montarse e ... ¡O caos ! O peor de todo, foi cando lanzaba as súas compañeiras ás bolas por todo o salón. A rapaza menor da familia, Sara, que tiña doce anos, e podía falar con seres inanimados, díxolle que o sentía moito, pero que a falta de Pepita, a súa avoa, que a puxo tan triste, que ata esquenceu o Nadal. Dona Árbore, comprendeuna, porque a ela, o nadal pasado morreulle a súa avoa, así que todos foron felices esas navidades, porque todo volveu á normalidade.
Laura Castro Saiñas
NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO
A violencia de xénero en términos xenerais é toda violencia, discriminación, e desigualdade contra as mulleres polo feito de selo, levado a cabo polas súas parellas, ex-parellas ou relacións similares de afectividade incluso sen convivencia.
Nenas, adolescentes, mulleres e anciáns sofren malos tratos tanto físico, sexuais como psicolóxicos (chantaxe emocional, ameazas, humillacións, descalificacións, acoso, control económico, de correo, de móvil, de entradas é saídas na casa ou de visitas a familiares e amigas/os...). Pódese dar en todo tipo de relación ao seu nivel económico, cultural, grupo étnico ou clase social.
Actualmente xa non é considerado como un problema privado, individual, ou de parella en conflixto. Percíbese como un grave problema político, social e cultural. Estase creando, máis lentamente do dexesado, unha conciencia da necesidade de denunciar, non só pola víctima se non tamén por calquera persoa que o presencie. O cal favorece a visualización do drama, o poder estudialo, evalualo, buscar solucións é prevenilo. Pero sobre todo, axuda a que as mulleres podan encontrar apoios e saídas ata un lugar seguro. Para que poidan refacerse como persoas e levar o mando das súas vidas.
Araceli González Sampedro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)