Había unha vez unha familia moi especial, cando chegaba algunha data sinalada, non tardaban en poñer a decoración. Un ano, a familia, estaba triste, porque morrera un membro moi importante nela. Así, que do tristes que estaban, olvidáranse de poñer a decoración de Nadal ata que os nenos se deron conta de que xa ían a dar vacacións de Nadal, porque estaban cos exames finais. Así que dixéronllo aos seus pais, cando llo dixeron, puxéronse a pensar na decoración que ían poñer, ese ano. Cando xa pensaron o que poñer, puxéronse a decorar a casa, todos os adornos que estaban gardados puxéronse felices de saír do faiado para adornar a casa. Bo! todos agás Dona Árbore, a ela gustáballe tanto saír que se enfadou por non o sacaren antes. A súa venganza, foi estar duro para montarse e ... ¡O caos ! O peor de todo, foi cando lanzaba as súas compañeiras ás bolas por todo o salón. A rapaza menor da familia, Sara, que tiña doce anos, e podía falar con seres inanimados, díxolle que o sentía moito, pero que a falta de Pepita, a súa avoa, que a puxo tan triste, que ata esquenceu o Nadal. Dona Árbore, comprendeuna, porque a ela, o nadal pasado morreulle a súa avoa, así que todos foron felices esas navidades, porque todo volveu á normalidade.
Laura Castro Saiñas
No hay comentarios:
Publicar un comentario