martes, 18 de diciembre de 2018

OS NOSOS RETRATOS

O primeiro día de clase fixemos estas caras que son as nosas pero con algúns detalles. Por exemplo o pelo, o nariz  e o pescozo. Saímos moi fermosos e elegantes. A que máis me gusta é a miña, a 4º careta de abaixo dereita. Pero tamén me gusta a segunda empezando por enriba dereita, que é a do meu amigo Pablo. Esa foi a miña actividade preferida.

                                                                                           Esteban Vidal.

lunes, 17 de diciembre de 2018

UN DOS MEUS CALIGRAMAS


                                                                          Elena Vilas

CONTO DE NADAL

Había unha vez unha familia moi especial, cando chegaba algunha data sinalada, non tardaban en poñer a decoración. Un ano, a familia, estaba triste, porque morrera un membro moi importante nela. Así, que do tristes que estaban, olvidáranse de poñer a decoración de Nadal ata que os nenos se deron conta de que xa ían a dar vacacións de Nadal, porque estaban cos exames finais. Así que dixéronllo aos seus pais, cando llo dixeron, puxéronse a pensar na decoración que ían poñer, ese ano. Cando xa pensaron o que poñer, puxéronse a decorar a casa, todos os adornos que estaban gardados puxéronse felices de saír do faiado para adornar a casa. Bo! todos agás Dona Árbore, a ela gustáballe tanto saír que se enfadou por non o sacaren antes. A súa venganza, foi estar duro para montarse e ... ¡O caos ! O peor de todo, foi cando lanzaba as súas compañeiras ás bolas por todo o salón. A rapaza menor da familia, Sara, que tiña doce anos, e podía falar con seres inanimados, díxolle que o sentía moito, pero que a falta de Pepita, a súa avoa, que a puxo tan triste, que ata esquenceu o Nadal. Dona Árbore, comprendeuna,  porque a ela, o nadal pasado morreulle a súa avoa, así que todos foron felices esas navidades, porque todo volveu á normalidade.

                                                                            Laura  Castro  Saiñas

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

                                                 
A violencia de xénero en términos xenerais é toda violencia, discriminación, e desigualdade contra as mulleres polo feito de selo, levado a cabo polas súas parellas, ex-parellas ou relacións similares de afectividade incluso sen convivencia.


Nenas, adolescentes, mulleres e anciáns sofren malos tratos tanto físico, sexuais como psicolóxicos (chantaxe emocional, ameazas, humillacións, descalificacións, acoso, control económico, de correo, de móvil, de entradas é saídas na casa ou de visitas a familiares e amigas/os...). Pódese dar en todo tipo de relación ao seu nivel económico, cultural, grupo étnico ou clase social.


Actualmente xa non é considerado como un problema privado, individual, ou de parella en conflixto. Percíbese como un grave problema político, social e cultural. Estase creando, máis lentamente do dexesado, unha conciencia da necesidade de denunciar, non só pola víctima se non tamén por calquera persoa que o presencie. O cal favorece a visualización do drama, o poder estudialo, evalualo, buscar solucións é prevenilo. Pero sobre todo, axuda a que as mulleres podan encontrar apoios e saídas ata un lugar seguro. Para que poidan refacerse como persoas e levar o mando das súas vidas.


                    
                                                                              Araceli González Sampedro.

jueves, 22 de noviembre de 2018

O MISTERIO DAS MESAS CON PERNAS

    As nosas mesas teñen pernas. Cando chegamos pola mañá, as mesas sempre móvense para atrás. Polo tanto, todos os días témolas que botar para diante. Os meus compañeiros e eu temos moitas hipóteses: 
    1º E que coas gomas que teñen debaixo das pernas poden andar facilmente.
   2º Que fagan unha festa pola noite e os altofalantes como fan que trema o chan tanto, móvense as mesas.
   3º E a última é que a señora da limpeza as mova para atrás cando barre o chan da aula.
   Seguiremos informándovos durante o curso. Intentaremos resolver este problema sobre estas mesas rebeldes. 

 
                                                                                    Pablo Paz 

miércoles, 21 de noviembre de 2018

Magosto das castañas

El día 16 de noviembre tuvimos todos los alumnos del colegio el magosto.Comimos muchísimas castañas y en la clase de educación física le ayudamos a la profesora Uxía a poner unos juegos para jugar despues del recreo. Los juegos tradicionales a los que jugamos fueron: salto a la comba, bolos, traga-castañas, aros, la cuerda... Ese fue el último magosto para los alumnos de 6º curso seguro que nos hecharán mucho de menos.




















                  Manuel Gude


lunes, 19 de noviembre de 2018

ACTIVIDADES DO MAGOSTO




Os alumnos de 5º e 6º fixemos manualidades para a chegada do outono. Os alumnos\alumnas de 5º fixeron ourizos, e os de 6º fixeron castañas, quedaron moi chulas. Utilizamos cartulinas de todas as cores.
                                                                                       Sergio Rodríguez

CABAZA XIGANTE



Temos unha cabaza no colexio. Chámase terrorífica. Sabedes por que se chama así? porque cando entramos pola porta do medo que nos mete saímos correndo. A min non me asusta tanto pero ás veces... Bueno asústame un pouquiño. Oxalá que non a quiten de aí porque ás veces rímonos moitísimo con ela . Pero sei que no Nadal van a quitala.  

                                                                                   Pablo Paz

jueves, 15 de noviembre de 2018

O SAMAÍN



 Este ano celebrámolo Samaín no colexio, e puxemos nunha mesa un grupo de calabazas todas pintadas.
Despois na festa demos unha volta con elas e puxémoslle unha vela dentro para que se viran dende lonxe.
 
       Yerom Santamaría

miércoles, 14 de noviembre de 2018

O TSUNAMI


Vou publicar o meu teatro chamado o Tsunami que e moi interesante e entretido para aquelas persoas que o queiran ler.


                                                                                   Marco Santamaría Paz

viernes, 9 de noviembre de 2018

Presentacion dos alumnos e alumnas de 5º


Preséntovos a: Iván, Óscar, Duván, Noa, Elena, Atenea, Sergio y Esteban. Estes son os alumnos/as de 5º. Somos amigos e compañeiros. Desexo que todos aprobemos o curso.
                                                                                           Iván Torres.


Presentacion dos alumnos e alumnas de 6º.


Estes son os alumnos e alumnas de 6º curso. Son moi listos, educados e sobre todo amables. Os seus nomes son: Adrián, Marco, Yerom, Pablo, Luís, Araceli, Laura, Sabela, e por último, Manuel.
Desexamos sacar moi boas notas e facer unha festa a final de curso.
                                
                                                                                           Pablo Paz